29 jun 2009

algo de heidi

lidos antes do revés, e logo do dereito, estes versos intercalados redimen os douscentos pasos que fago a diario da casa ao traballo,
e do traballo a casa

andas as rúas
coma se fora a praia
ouh muller pra lonxe

chegas do norde
pasas da saga á cántiga levando sola a gran imaxe

...

soños

vir a tempo

...

Uxío Novoneyra

(un detalle por parte do concello de pontevedra o de difundir a poesía polas rúas da cidade, nalgúns casos pendurados os carteis dalgunha palmeira, deixan a palmeira feita un poema, noutros en cambio, dan co lugar axeitado onde quedar para sempre, coma estes versos de "muller pra lonxe" estratexicamente colocados na marquesina da parada dos autobuses urbanos.
Miras de reollo e sorrís.)

1 comentario:

ybris dijo...

"pasas da saga á cántiga levando sola a gran imaxe"
¿Dices que en las paradas de los autobuses?
Una belleza del revés y del derecho.
Miro de reojo y sonrío.

Gracias.