29 jun 2005

por unha galiza nova!!

xa non quero ver máis fotos de fraga chorando, chora cando se vai porque o botan, e choraría tamén de quedar porque o queren. Desde que nolo coaron en Galiza pasou o tempo hipando aquí e acolá. Pingando a lagrimiña por onde for. Tanta emotividade xa era dabondo para min. Que até me coartaba nas miñas emocións. Que cada vez que me viñan as bágoas aos ollos por algo dicíame a min mesma, non chores, que pareces fraga.

Pois ben, quero que marche a chorar só, onde non o vexamos, para que poidamos chorar libres, cada un de nós, na nosa intimidade.

Por iso rematan as fotos de fraga e queda esta imaxe dunha galiza nova, alegre, combativa e optimista, que se esforza en tirar polos demáis.



(seguimos raros, antón, pero véxote ben)