14 abr 2005
Unha cantiga para Mad no 14 de abril.
un día, xa non sei cantos anos hai, unha amiga con quen compartía casa chegou entusiasmada cunha cantiga de amigo que,segundo ela,era totalmente inédita e orixinal. Xa non lembro onde a atopara. O que sei é que ningunha de nós puxo en dúbida a súa autenticidade. E como fora composta para ser cantada non paramos até que alguén lle puxo música. Da música lémbrome, da letra xa non tanto, pois sei que salto polo menos unha ou dúas estrofas, pero dicía máis ou menos así:
(mad, escoitas? espero que che guste)
Amigo,vinte chamar
ao portal da túa leira
vin correndo pola beira
pola beiriña do mar.
Amigo, vinte chamar.
Amigo, vinte chamar.
Amiga, ben te vin vir,
vir correndo pola praia,
era do mar a túa saia
a túa saia,o meu sentir.
Amiga, ben te vin vir.
Amiga, ben te vin vir.
Quero xirar polo mundo,
e levarte a ti conmigo
e non voltar.
Ímonos axiña,amigo,
imos para correr o mundo
e non voltar.
Amiga, agarda ao verán,
a que estén gordas as rubias,
a que o vento afogue as chuvias,
a que non laie o meu can.
Amiga, agarda ao verán.
Amiga agarda ao verán.
(se alguén coñece a versión íntegra...que mo diga, seguro que nos coñecemos.)