4 may 2008

o meu maio

boomp3.com

Ahí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

(poema de curros enríquez musicado por emilio batallán)

nostalxia sen tristura, eh!?

3 comentarios:

ybris dijo...

A ese mayo tuyo me apunto.
Sin tristezas, claro.
Las nostalgias son otras cosas.

Un beso.

Muralla dijo...

Xa quedan lexos esos tempos, pero as nostalxias continúan vivas!
Bicos

Unknown dijo...

ah,cada un de nós ten o seu maio do 68, o meu foi uns anos despois, aio do 77...78 e esta canción, entre outras, acompañoume daquela, e non só a min.

os tempos seguen connosco, marmi!!

moitos bicos!