31 ago 2006

terra nativa 2



outro verán máis, Galicia ardeu, este ano vén vindo de sur a norte, coma un vento quente que soprase lume coa intención de escorrentar á xente. Pero a xente non fuxiu, non había para onde, pois o que agora non ardía podía arder pouco despois. O lume axexaba no monte, parecía perder forza á noite para recobrala ao mediodía, teimudo e ameazante. Que ía chegar as casas era seguro, cándo, non. Non era coma doutras veces que viña o lume nun sitio e ou ben se apagaba ou ardía até o mar e xa remataba todo, desta parecía que sementasen lume do ceo.
quén?
saberémolo dentro duns anos, cando se constrúan uns chalés "emparedados" na costa do prado, se amplíen parques eólicos na curota dos montes, se troncen as árbores e se vendan gratis para celulosa ou biomasa, se abran autovías...
aquí
encontramos razóns suficientes para facernos pensar.
Do lume doutros anos, cada un de nós, na súa terra, sabe quen tirou proveito. Pero desta vez hai tanto rebumbio de acusacións que non sei onde van conducir. Os políticos, desde que goberna o bipartito e está o pepé na oposición, empezo a referirme a eles como políticos e penso no sentido peiorativo da palabra. Mellor estamos, malia leva! pero éche todo unha mistura de goberno e oposición (cara á galería) dentro do goberno que me resulta tan falso e inconsistente. Ten medo o bloque de perder a súa imaxe pseudoradical?
Bah, como sexa, alomenos que apliquen unha boa política agraria, pois xente preparada teñen de sobra.
E pobo tamén

ma miña nenez contábanme que o monte do pindo ardera durante sete anos seguidos antes de quedar como é. Isto non cho contou Lola, Marmi?

Con un pedregal abonda!!!