21 oct 2004

Galego para marmi

Todos os anos por estas datas atópome cunha relación de libros na man que meu fillo pequeno ten que ler en clase. E hai un que se repite, se non é un ano, outro. Trátase de "Os dous de sempre", de Castelao. Búscollo, e antes de darllo, ábroo para comprobar que segue aí, ao comezo, aquela descrición que cando lin por primeira vez me resultou tan familiar.

A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira, antre dúas fiestras xemelas, e unha porta de dúas follas. A casa ten fisonomía de moneco, con ollos, nariz e boca, e logo un caparuchete de tellas na cabeza. Cando a tía Ádega cerra unha fiestra, a casa chisca un ollo.

Dentro todo está fregadiño de sábado, co chan estrado de area do mar, ben peneirada. No apousento de recebir loce o sofá de respeto con funda de lenzo crú marcado cunha gran letra bermella bordada a punto de cruz. Na cociña brila unha chocolateira de cobre, e pola bufarda do vertedeiro óllase sempre o longo pé dunha col que o vento abanea docemente.

O durmidoiro é o "sancta sanctorum" familiar, onde nasceron e morreron os antergos da casa. A vella é a gardadora deste apartamento de nascer e morrer vedado sempre ás olladas profanadoras dos alleos. Alí o mesmo aire ten que entrar a furto. A vella durme no leito en que veu ó mundo: unha cama de buxo retorneado, aburada de silenzos e saudades. A lampariña de aceite asolaga todo nun cheiro morno e misterioso. Esta lámpara, que foi azucareira noutro tempo, sirve agora de vaso sagrado, onde aboia, día e noite, unha luciña, a morrer de tristura polas moscas que veñen suicidarse no aceite.
Veleiquí as lembranzas que conservo da casa;...

A meu fillo este texto talvez lle resulte curioso ou nin lle dea importancia sequera, pero a min trasladoume ás miñas viaxes a Santiago en autobús. No percorrido da costa, entre Muros e Noia, distraíame poñéndolles caras ás casas. Cada casa con cadansúa cara diferente, e co seu humor diferente tamén. Unha vez que deixábamos o mar atrás, as casas deixaban de falarme. Por iso, cando me achego a esta obra, sempre penso que era daquela cando a tiña que ler, e non anos despois con ese sentimento de nostalxia por algo que estaba aí e que nolo tiñan agachado.



17 comentarios:

Anónimo dijo...

Realmente non foi a milla filla a que me regalou iste blog. Foi Margarita, pra que a reencontrara en ti...
A semana pasada volvin a ler "O ollo de vidrio" de Castelao y volvín a rir con él.
Hay tantas cousas no teu post que non sei por onde comenzar...A carretera de Muros a Noia...o monte Louro, do que estou enamorada, o recordo das berzas e os seus couceiros, a cociña da miña aboa ca sella da auga fresca, fresquísima, ( que soñei que bebia una noite estando embarazada), Santiago, a donde me escaparía sempre... o que eu digo que debe ser o ceo, ou o sería pra min: estudiante eterna en Santiago.
Aquela cama alta, moi alta, de ferro, a que casi non podia subir... Un cereixo de cereixas enormes, casi blancas... tirarme no prado e rodar por il ( alí dícese dar pinxe carneiros ), comer unha taza daquel caldo irrepetible que facia ela...Señor, señor son demasiadas cousas pra unha sola vez...
Non te quero, adórote. Bicos e un abrazo forte, forte...
Carmiña

thirthe dijo...

Pero qué vexo!!! pensaba dicir que tiñas un galego perfecto, pero como non mo ías crer, direiche que hoxe, lendo o Faro de Vigo, entereime de que acaba de saír unha nova gramática de galego, xa adaptada ás novas normas e destinada ao público en xeral(o que había ata agora eran ou ben libros de texto ou gramáticas máis especializadas): "Gramática da Lingua Galega" de Xosé Feixó, na editorial Xerais. É o único que che falta, un pouquiño de normativa, pero como poderás comprobar, hoxe, ata a Castelao lle corrixirían o seu texto...:))Cando teñas tempo faite co libro, que enseguida te pós ao día, de veras.¨

É precioso todo o percorrido por esa ría, a qué si?? e dobrando o monte Louro, todo pola estrada de Carnota e seguindo seguindo ...pérdese unha. Unha vez alí esváese o tempo e non sentes ganas de marchar.

Unha vez máis, agrádame un montón traerche eses bos recordos, aínda que non creo que me pareza moito a Margarita, sendo de Lugo e eu da costa seguro que seríamos, coma ti e máis eu, bastante diferentes (isto é broma), non sei, pero o que sae aquí, na rede, de cada unha de nós dános unha idea da outra persoa que, aínda que non sexa errada, non é completa (como escéptica que son, dáme medo romper nalgún momento esa imaxe que che traio á memoria).
O certo é que non coñezo a ninguén de Lugo por quen non sentise afindade e simpatía. Xa o tiña pensado outras veces. Hai algo no fondo que compartimos convosco, e non cos de Ourense por exemplo, ou de Pontevedra, onde vivo agora. De feito, aquí, se coñezo alguén de fóra e me cae ben o primeiro que lle pregunto e se é de Lugo.

E a auguiña fresca da sella de túa avoa, qué outra cousa era senón auga de vida??

Sabías que cando as sellas non tiñan tapa poñíanlles unha folla de col para non verter a auga por fóra desde a fonte ata a casa???

Bicos a pincha carneiros.

Quérote.

thirthe dijo...

Mad, xa vira no teu blog os debuxos de Castelao. Este home era un verdadeiro humanista, pregúntome qué non faría ben, dende pensar, escribir, pintar...ata facer política. E sen perder esa capacidade de penetrar na alma da xente, dos problemas, das angurias do pobo.
E con qué humor...!!!!

"Querido Pedro: Velahí che deixo un ollo de vidro para que vexas, papel e lapis para que escribas. Serás o rei niste cimeterio; mais eu prégoche que non te fagas cacique."

Beixinhos tolos para ti, mad

thirthe dijo...

Magda, gracias por el esfuerzo, ya te lo he dicho en tu blog, tú también suenas muy bien.
...y cuando el río suena
...agua lleva.

Besos cantarines

Anónimo dijo...

Queridiña: Anotei o libro e comprareino o antes posible.
Cando che digo que me recordas a Marga non é pra agobiarte, é simplemente porque mostras a sua mesma dulzura, a sua timideza, non sei o seu algo especial...
e encantarame conocerte, si tú queres, e estou segura que serás así, como te mostras, sin trampas nin cartón.
Bicos.Marmi
Miña nai, cando fai unha empanada, ainda percura ter unha folla de col pra tapala, e que quede millor...

thirthe dijo...

Non me agobias, marmi. Se cho digo é precisamente por ti; porque, cando atopamos algunha cualidade dun ser querido que xa non está connosco noutra persoa, corremos o perigo de idealizala e...en fin, que eu son tímida, doce, ás veces algo toxo tamén (coma Iris), e clara, a medida que cumpro anos digo con mais ganas o que penso e non me gusta que me metan no saco que non me corresponde. E no demais, son unha mistura de todo. Non me sei definir, nin me gusta facelo. Pero vexo que este blog é máis transparente do que eu pensaba...
Cando nos veremos, bonitiña??

Ah! xa que andas pola rede podes entrar no portal en galego de http://www.vieiros.com . Así tamén practicas. Aparece nos meus enlaces.

Un montón de bicos milagreiros coma follas de col

manuel_h dijo...

Pienso comprarme un traductor simultáneo, que lo sepan ustedes, la gente de occidente.
besosssssss

thirthe dijo...

Manuel, ven, isto non é ningún aparte, senta connosco e escoita. Verás como non precisas tradutor (8).

O parte metereolóxico para hoxe anunciaba chuvia. Eu miro pola ventá e vexo o ceo azul e sinto que fóra vai frío.

Beixiños frescos.

Peke dijo...

Eu aínda lembro as señoras que ían coas sellas na cabeza a coller auga da fonte de Platerías; as leiteiras cos seus recipientes servindo o leite polas casas e logo cando se xuntaban nun recuncho a rexoubar. Parece que foi onte e, porén, é un mundo desaparecido.
Bicos desde Nigrán.

Anónimo dijo...

hola:
É unha tarea moi difícil conseguir escribilo galego como Thirthe, mais teño que facelo como galega que son, seria moito mais sinxelo só falalo. (xa non sei cantos errores cometín, (no paragrafo amterior) aínda así continuarei.
Para mín Castelao é o representante da galeguidade por excelencia, representa o pobo galego, e aínda cunhas costumes moi arraigadas nos pobos, e resulta que agora me teño que ir, Cousas da vida.
Moitos Bicos.
(¿Beixos?, xamais o había ouvido¡).
A oxeada (esto de crítica non ten nada)

thirthe dijo...

Peke, foi onte e ao tempo tes razón que é un mundo desaparecido. Coas sellas en Platerías, e o mercado de gando na ferradura. Imaxínao hoxe, pensarían que están gravando calquera película ou algo parecido. Desde que reinventaron o xacobeo xa non hai quen entre tranquila en Santiago.
Unha carreiriña de bicos ata Nigrán.

Ollada crítica, eu xa sabía que non podías estar calada, ou sexa que andas deixando comentarios por aí e non chegas a min ata que te descubro. E non me veñas con que non sabes falar galego, onde vives? en Andalucía? Fágame o favor, muller!!

O mellor de Castelao é que, por mais que queiran, ninguén é quen de facelo seu. Castelao resiste!!!

Beixos e beixinhos.

Anónimo dijo...

Entrarei en ese enlace. O meu home é un perseguidor de mulleres con cestas na cabeza, e ten unhas cuantas fotos... Imaxino Santiago en aquela época...pero eu coñecino no ano 64, cando me fun examinar do ingreso a universidade...Xa choveo en Santiago desde aquela...
A Leiteira traíanos o leite nunha burra, chamaba e saliamos a rua a buscala.
Ahora os pequenos pensan que sale dun tetrabrik...
Quérote. Carmiña.

thirthe dijo...

Cestas na cabeza, dille a teu home que convenza á súa filla para que o faga e mándame a foto. Non se debe perder. Eu, cando podo, recollo argazos e lévoos nunha cesta na cabeza para botarlle á terra (ás veces,poucas, dáme esa tolemia).
Os pais finos aconsellaban que se puxesen libros (non que se lesen;-) para conseguir un andar elegante, nonsí?? O das cestas na cabeza debia ser para compensar o tempo que se tiña que estar agachada collendo patacas.

Ay, dios, Santiago no 64, que morriñentas andamos, Carmiña!!!

Pero que ninguén pense que a morriña é un sentimento paralizador!!!

Beixos con rumbo norte.

Anónimo dijo...

O da foto con algo na testa da Nena deixámolo pra este verán, e así tú fas de mestra...ja,ja,ja...
Non é sólo morriña, é casi vellez, me cago no demo...!

thirthe dijo...

Queda para o próximo verán!!!

Vellez?? Me cago nos anos!!!

Vicente dijo...

"Os dous de sempre" é o Quixote galego .... e "Sempre en Galiza" a biblia.

Anónimo dijo...

Yo me voy a vivir a tu alrededor o muy cerca...
Tu ya me conoces.